Losantos contraataca e di que El País é agora a canle de información habitual de Bárcenas

O editor de Libertad Digital, Federico Jiménez Losantos, nega ter recibido sobres en negro de Bárcenas, embora o seu nome apareza nos papeis publicados hoxe por El País. Losantos, coñecido pola súa liña ultradereitista, contraataca e afirma que El País é agora "a canle de información habitual" de Bárcenas.
Jimenez Losantos
Jimenez Losantos

Jiménez Losantos nega ter sido financiado polo Partido Popular, formación que desde as institucións que goberna si ten favorecido a Libertad Digital en distintos concursos de adxudicacións de frecuencias televisivas e radiofónicas.

Segundo os papeis de Bárcenas, en 2004, Libertad Digital tería recibido 30.000 euros das arcas do PP.

"Por 30.000 euros non imos vender a nosa inocencia. Somos pardillos, mais non idiotas", afirmou Losantos, quen en ton de brincadeira dixo que, de aparecer o diñeiro, o doaría a Cáritas.

Dito iso, o xornalista acusou o grupo Prisa de se ter tornado na "canle de información habitual" de Bárcenas.

Comentarios