A Iniciativa galega pola gratuidade da sanidade sae á rúa para denunciar que "o copagamento mata"

O "copagamento mata" é o lema que encabezará a manifestación convocada pola Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade este domingo ás 12.00h na Alamenda de Compostela. 

 

SOS Sanidade pública
photo_camera SOS Sanidade pública

A manifestación visa enviar unha mensaxe clara ao presidente da Xunta de Galiza e é que as máis de cen organizacións e colectivos que conforman a Iniciativa galega pola gratuidade da sanidade reclaman ao presidente da Xunta que non aplique en Galiza o repagamento farmacolóxico para doentes crónic@s. Aliás, exixen a derrogación do decreto 210/2012 polo que se instaura o repagamento no transporte sanitario non urxente e produtos ortoprotésicos. 

Encabezad@s polo alcalde de Riotorto, o nacionalista Federico Gutiérrez Estoa, o pobo galego está chamado a secundar esta acción de protesta que, din, tenciona ser "unha xornada de loita" que "abra a porta á seguinte" no que constitúe "unha batalla" que abranguerá "diversas frontes" mais "que terá na rúa o seu eixo fundamental", explicou o rexedor riotortense. 

Perante a inacción do presidente da Xunta de Galiza, quen se nega a recibir @s representantes da Iniciativa; os concellos e organizacións que impulsaron a insubmisión local ao repagamento chaman a encher as rúas da capital galega a prol "dunha sanidade gratuíta" e "universal" fronte aqueles, denuncian, "que lles dá igual que un compatriota morra" por non ter acceso ao seu tratamento. 

Comentarios