Eulen, a empresa da irmá de Feijóo, consegue máis contratos en cultura

A Empresa Eulén, da que é apoderada a irmá de Feijóo, continúa gañando contratos de xestión cultural, nestes caso un da Deputación da Coruña por 48.400 euros para organizar un laboratorio teatral.

 

Micaela Núñez Feijóo co seu irmán.
photo_camera Micaela Núñez Feijóo co seu irmán.

Eulén, a empresa que ten o seu xermolo nos servizos de seguridade, continúa a gañar boa partes dos contratos que se convocan pola administración para traballos de xestión cultural. Neste caso, a Deputación da Coruña a través do seu servizo de contratación ven de publicar a adxudicación á empresa da que é apoderada Micaela Feijóo, a organización e coordinación dun laboratorio teatral por importe de 48.400 €, IVE incluído.

O Grupo Eulen xestiona xa o Teatro Colón da Coruña, o Teatro Jofre, o Centro Cultural Torrente Ballester e a rede de Bibliotecas da Coruña, entre outros equipamentos e programas. O monopolio da empresa da irmá de Feijóo na xestión cultural foi debatido no Parlamento, en especial, cando se lle adxudicou a xestión dos laudos das preferentes.

Comentarios