Disponibilizamos na loxa os AFONDO, o noso caderno de análise, por só 0,50 euros

AFONDO Xavier Vence
photo_camera AFONDO Xavier Vence

A partir de hoxe podedes descarregar da nosa loxa os AFONDO, o caderno de análise que fai parte do noso semanario. Agora tornámolo disponíbel por separado e a un prezo de só 0,50 euros.

Os dous primeiros que vos oferecemos -progresivamente iremos incorporando todos- son o AFONDO monográfico da autoría de Xavier Vence sobre o capitalismo madrileño, aparecido a sexta feira 12 de Xullo, e o AFONDO das viaxes que, desde onte xa á noite na loxa, está disponíbel conxuntamente co resto do semanario e que é produto da inestimábel colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega con Sermos Galiza.

O AFONDO, concibido como un caderno de análise que vai moi alén da información de actualidade, ten persoalidade propria como separata. Daí que decidísemos disponibilizárvolo por separado através da nosa loxa e a un prezo muito asequíbel, apenas 0,50 euros.

Como todos os produtos que tornamos disponíbeis on line, para descarregar estes AFONDO é preciso rexistarse primeiro como usuario na nosa loxa.

Comentarios