A crise demográfica agudízase en Galiza con 13.000 novas emigracións en 6 meses

O censo do país continúa a reflectir a perda de poboación no primeiro semestre do ano no que perto de 13.000 persoas abandonaron o país na procura dunha oportunidade laboral. 

Desemprego xuvenial

Galiza conta con 2.753.960 habitantes --segundo os datos rexistrados polo INE-- 8.010 persoas menos que o primeiro de xaneiro deste ano.

Ao saldo vexetativo (diferenza entre o número de nacementos e mortes) que na Galiza se mantén negativo desde finais da década dos 80, súmaselle unha nova onda migratoria que levou a milleiros de persoas a abandonar o país durante o primeiro semestre de 2013. 

Así, 12.853 persoas --maioritariamente moz@s-- emigraron desde xuño para outros territorios do Estado e outros países estranxeiros na procura dunha oportunidade laboral.

A falta de emprego e a precariedade laboral froito das sucesivas reformas laborais e decretos aprobados polos gobernos español e galego motivaron a saída de milleiros de persoas da Galiza nos últimos cinco anos deitando cifras de maís de 80.000 persoas emigradas, de entre elas a metade menores de 30 anos. 

Comentarios