Concentracións en varias cidades galegas en solidariedade co mozo detido en Ames

Compostela, Ourense, Vigo e Lugo acolleron esta tarde concentracións en apoio do mozo independentista detido en Ames. A máis numerosa foi a da capital onde se concentraron arredor de 150 persoas. 
Concentración en solidariedade con Senlheiro, mozo detido en Ames
Concentración en solidariedade con Senlheiro, mozo detido en Ames

As cidades galegas de Compostela (Praza Cervantes ou do Pan), Ourense (Praza do Ferro), Vigo (diante do Marco) e Lugo (Praza Maior) celebraron hoxe concentracións en solidariedade pola detención a pasada terza feira de H.M. "Senlheiro", acusado polas forzas policiais de suposta pertenza ao grupo Resistencia Galega e tenencia de material explosivo. Con anterioridade o colectivo anti-represivo Ceivar realizou varias asembleas informativas nos centros sociais Arredista de Compostela e Revolta de Vigo.

As concentracións foron convocadas cun chamamento "á solidariedade activa". Segundo informan desde este colectivo o mozo detido xa se atoparía en Madrid e podería pasar a disposición xudicial a vindeira quinta feira para prestar declaración perante a Audiencia Nacional. 

Comentarios