Na Praia do Vilar, en Corrubedo, aparecía o luns día 26 un novo cetáceo nun episodio singular que supuña o incremento do número de especies do catálogo da fauna galega, xa que era a primeira ve que un cifio de Sowerby se atopaba nas nosas costas.
Mália ser atopodo con vida na rompente, o cifio faleceu no rescate. Investigadores de CENMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) practicáronlle a necropsia e recolleron o esquelete do animal que terá como destino, dada a súa singularidade, o Museo da Historia Natural da SGHN en Ferrol. Trátase do primeiro rexistro dun exemplar desta especie varado nas nosas costas que eleva a 22 o número de cetáceos, catro deles da familia dos cifios, especies, segundo informan, todas eles moi raras que se atopan nas profundidades nos canóns submarinos fronte ás costas galegas.