A Xunta fai gala de @galiciapuntoes o día que se aproba o puntogal

O mesmo día en que se aproba o dominio .gal, a Xunta bota a andar unha campaña de promoción turística en español que responde á denominación @galiciapuntoes. Twitter, páxina web e demais plataformas teñen o “galiciapuntoes" como lema. 

galiciapuntoes
photo_camera galiciapuntoes

Nas redes sociais, as palmas por ter conseguido o puntogal atópanse coa sorpresa pola nova campaña da Xunta, que provoca un remuíño nos últimos tempos cada vez que quere promocionar o país, en especial, no ámbito do turismo. Desta volta, no mesmo día no que a noticia do puntogal ferve na rede -o seu ámbito natural- o goberno da Xunta inicia a campaña @galiciapuntoes que quere promocionar o país e animar o turismo. 

“Se os queres, recoméndalles”

“Galicia.es/ @galiciapuntoes/ La web de la Xunta para promocionar Galicia turística y empresarialmente” é a presentación do twitter no que remite á páxina web www.galicia.es. Dentro, tradición, cultura e propostas empresariais en español co 

lema de campaña  "Si te quieren, te recomendarán". A web dá a posibilidade de tradución ao galego que sorprende, máis unha vez cun “Se os queres, recoméndalles”. “Galicia, o bo camiño” é o slogan central da páxina.

No twitter oficial da Xunta publicaron un chío na noite do venres co texto "galicia.es, gústate?" que provocou máis unha vez as críticas na rede. Acompañaban co enlace do enderezo galicia.es. Despois de recibir xa numerosas críticas mudaron para "gústache?". 

Comentarios