martes 28/09/21

A CIG denuncia á Xunta por prevaricación na contratación das brigadas

A CIG presenta hoxe diante da Fiscalía unha denuncia contra a Xunta por prevaricación na contratación das brigadas de helicópteros para a extinción do lume.

A CIG presentará hoxe martes ás 11 horas nos xulgados de Fontiñas de Compostela unha denuncia por prevaricación contra a Xunta de Galiza por teren realizado a contratación sen previa publicación do concurso. A CIG-Administración defende que non se deu publicidade en ningún dos boletíns oficiais nos que se anuncian os concursos públicos polo que se trataría dun delito de carácter penal.

Inaer desenvolvía desde hai anos as tarefas de xestión dos helicópteros pero a Xunta ampliou o contrato para asumiren tamén a contratación de persoal que a empresa, a súa vez, derivou en Natutecnia. Inaer leva anos á fronte do servizo de helicópteros mais por vez primeira ten adxudicado tamén a xestión das brigadas que traballan canda eles. Natutecnia foi, polo tanto, quen desenvolveu todo o proceso de selección de persoal dos case 200 traballadores que precisa o servizo sen se ter presentado a concurso público algún.
Até o de agora, o persoal dependía da empresa pública Seaga, polo que, ademáis de prevaricación, a CIG denunciou xa no mes de xuño a “privatización” do servizo.

comentarios