Nace en Euskal Herria a Asociación Pepe Rei na defensa dun periodismo crítico co sistema

Donostia acollerá esta sexta a presentaciónda Asociación Cultural Pepe Rei. O colectivo, integrado por xornalistas e amig@s do periodista galego, márcase como obxectivo a aposta polo periodismo de investigación e denuncia social "fronte os abusos dos poderes establecidos"
Pepe Rei
photo_camera Pepe Rei

A cidade de Donostia acollerá esta sexta feira a presentación pública de Pepe Rei Kultur Elkartea unha asociación cultural sen ánimo de lucro e que leva o nome deste xornalista galego e ten como finalidade a "defensa e promoción do periodismo de investigación e denuncia social". Este colectivo xurde impulsado por xornalistas e amig@s de Pepe Rei, que ostenta a presidencia do mesmo. "Tomamos como referencia o periodismo de investigación e denuncia social, instrumentos esenciais para Pepe Rei, como métodos máis efectivos para unha tarefa informativa auténtica e útil frente aos abusos dos poderes establecidos".

Pepe Rei, nado no concello ourensá de Barbantes desenvolveu boa parte da súa traxectoria profesional en Euskal Herria, onde foi o xefe da equipa de investigación do diario Egin, pechado polo xuiz Baltasar Garzón en 1998

Pepe Rei, nado no concello ourensá de Barbantes desenvolveu boa parte da súa traxectoria profesional en Euskal Herria, onde foi o xefe da equipa de investigación do diario Egin, pechado polo xuiz Baltasar Garzón en 1998. Pepe Rei continuou o seu traballo na revista mensal Ardi Beltza, pero foi detido de novo en 1999 e en 2001, e a revista foi pechada por orde xudicial. Tras cinco meses en prisión, acusado polas Forzas de Seguridade de pasar información a ETA sobre posíbeis obxectivos, a Audiencia Nacional decretou a posta en liberdade de Rei.

Rei publicou diferentes libros como El caso Reace, El Jesuita, sobre o lider do PNV Xabier Arzalluz; Garzón. La otra cara; Egin Investigación. Otra forma de periodismo; Intxaurrondo. La trama verde, sobre as torturas e corrupción neste cuartel da Garda Civil deste barrio donostiarra; ou La red Galindo, na que investigaba o lado escuro de quen fora máximo responsábel da loita contra ETA e implicado en casos de narcotráfico e guerra suxa contra a esquerda abertzale.

Comentarios