Laura Mintegi, investigada pola fiscalía por "enaltecemento do terrorismo"

A portavoz parlamentaria de EH Bildu afirmara nun pleno que "toda vítima morreu por causa política é unha traxedia» e que esas mortes "son evitábeis".

 

Laura Mintegui
photo_camera Laura Mintegui

Malestar e preocupación causou na presidenta do Parlamento vasco, Bakartxo Tejeria, a petición do fiscal da CAV das actas da sesión plenaria onde Laura Mintegui afirmara que "toda vítima morreu por causa política é unha traxedia" e que esas mortes "son evitábeis". A razón desta petición oficial de Juan Calparsoro é incoar dilixencias de investigación contra a portavoz parlamentaria de EH Bildu por se cometera delito de "enaltecemento do terrorismo". 

Segundo informa o xornal Naiz a acción do fiscal motivou unha carta da propia presidenta do Parlamento vasco na que lle lembra que a lexislación baseada no Estatuto de Gernika recolle que "os membros do Parlamento Vasco serán inviolábeis polos votos e opinións que emitan" cando exercen as súas funcións.

Comentarios