Audiencia Nacional imputa o director do Gara nunhas dilixencias por "enaltecemento do terrorismo"

O xuiz da Audiencia Nacional española, Eloy de Velasco, vén de citar como imputado ao director do xornal vasco Gara, Iñaki Soto, no marco dunhas dilixencias por un "presunto delito de enaltecemento do terrorismo". A citación está a xerar un forte rexeitamento en Euskal Herria, onde volve traer á memoria os casos do Egin e Egunkaria, xornais pechados pola Audiencia española
Iñaki Soto, director do Gara
photo_camera Iñaki Soto, director do Gara

Iñaki Soto, director do xornal vasco Gara, pasa a engrosar a lista, non pequena, de xornalistas de Euskal Herría que ao longo de todos estes anos tiveron que pasar pola Audiencia Nacional no marco de investigacións, detencións ou imputacións relacionadas co conflicto vasco. Se ben o cesar o fogo de ETA semellaba abrir as portas a un novo escenario, desde a Audiencia Nacional manteñen a dinámica de 'guerra', en palabras da esquerda abertzale, contra o tecido social desta importante parte da cidadanía de Euskal Herria.

Esta semana, Iñaki Soto recibeu unha notificación do Xulgado de Instrucción número 6 da Audiencia Nacional. A citación só emprazaba ao director do rotativo vasco a presentarse, "acompañado de avogado", en calidade de imputado na Audiencia Nacional, no marco dunhas dilixencias abertas polo xuiz Elo de Velasco por "enaltecemento do terrorismo", sen maior clarificación nin explicación. Unha vez na Audiencia, Soto tivo coñecemento que a imputación contra el respondía a un artigo de opinión publicado neste xornal e asinado por varios cidadáns vascos. O xuiz tamén imputa a estas persoas.

Unha vez na Audiencia, Soto tivo coñecemento que a imputación contra el respondía a un artigo de opinión publicado neste xornal e asinado por varios cidadáns vascos. O xuiz tamén imputa a estas persoas

Egin, Egunkaria...

A Audiencia Nacional foi responsábel do peche de dous xornais vascos, Egin e Egunkaria, aos que acusaba de estar ao servizo de ETA. No operativo contra este xornal foron detidos 10 directivos do rotativo, entre eles o seu director, Martxelo Otamendi, que ao igual que outros catro dos arrestados foron sometidos a torturas. Sete anos após o peche do Egunkaria, a propia Audiencia Nacional absolvía aos imputados das acusacións que este propio organismo lles imputara.

Das cinzas do Egunkaria neceu o Berria e das do Egin, o Gara

Comentarios