Entrevista

Mondra: A folía libertaria

Mondra, durante a entrevista (Foto: Ana Loureira).
Tras os éxitos de 2023 a vida xa non é a mesma para Martín Mondragón (Teo, 2000), 'Mondra'. Con oito anos, a asociación cultural Rosalía de Castro de Cacheiras achégao á súa primeira pandeireta e comeza a debuxarse o seu camiño. Máis tarde, é a agrupación A Ponte Vella a encargada de continuar tecendo nel o afecto pola música tradicional. Non é até 2020 que chega a súa primeira oportunidade profesional coa compañía de danza Fran Sieira. Baile, imaxe e son; electrónico e tradicional, que se mesturan nun proxecto, o do seu disco, ARDĒN, un traballo no que fala dos coidados e reivindica as disidencias a través dun espectáculo que chama á liberdade, á festa e á loita. 
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.