Boyanka Kostova: gaita e autotune

Era cuestión de tempo que, nas lóxicas de reinterpretación da tradición, os acordes da muiñeira chegasen sampleados e as coplas soasen tamén con autotune. Trap enxebre ou como for a etiqueta, Boyanka Kostova sorprendía, máis se cabe, coa orixinal achega de "Muiñeira de Interior", que tivo repercusión mesmo en medios internacionais. O tema anunciaba a saída, após outros dous sinxelos, do novo disco deste revolucionario dúo formado por Cibrán García (voz), quen responde as preguntas de Sermos Galiza, e o Chicho do Funk (produtor), que se ben foi inaugural dun estilo, ten vontade de transcender este mérito para deixar pegada na memoria. De momento, Os dous de sempre, o álbum que vén de saír á luz, marca outro paso na consolidación dos composteláns. 
Boyanka (Foto: Alba Bugg).
photo_camera Boyanka (Foto: Alba Bugg).
—O novo disco de Boyanka Kostova titúlase Os dous de sempre . Por que escolleron esta referencia, que pasa inevitabelmente por Castelao? Estabamos buscando un nome para o álbum cunha chuvia de…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Entrevistas
Comentarios