Ataque Escampe: Alma Conxunta

Pasaron polo Suns Europe en novembro estreando a nova formación após ano e medio afastadas dos escenarios. As Ataque Escampe (no feminino plural tan empregado por elas) despediron os anos dez, aqueles que prometeran violentos, e déronlle a benvida á década co EP A Alma. A amizade pálpase como subtexto neste grupo que tanto evolucionou nos case dous decenios de andaina. E de que imos falar, preguntaranse, deixando agromar, inevitábel, a melodía da harmónica queixosa de "Segunda División". Pois da vida, do amor e da rebeldía, que tamén é supervivencia. O matrimonio, a morte e o sexo ficarán para outra ocasión. 
IMG_3458
photo_camera A formación, posando para Nós Diario.
Após esgotárense as entradas anticipadas na Gentalha do Pichel o pasado 28 de decembro, fóra unha cola de xente agardaba para facerse cos poucos billetes que restaban. Ataque Escampe liberaba A…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Entrevistas
Comentarios