Yolanda Díaz afirma que o estatuto para as electrointensivas aprobarase “en días”

A ministra de Traballo afirma tamén que o traspaso da AP-9 vai ser “das primeiras leis” en se debater cando se reanuden as sesións.

A deputada de Galicia en Común no Congreso Yolanda Díaz (Europa Press)
photo_camera A ministra de Traballo, Yolanda Díaz (Europa Press)

A ministra de Traballo, Yolanda Díaz, dixo esta segunda feira que o Goberno español aprobará "en días" o estatuto dos consumidores electrointensivos polo que agarda este sector industrial galego, que representa por volta de 5.000 empregos e leva meses sumido nunha forte crise que ameaza o seu futuro.

Nunha entrevista concedida á TVG e recollida por Europa Press, a ministra revelou que esta segunda feira falou coa responsábel de Industria, Reyes Maroto, quen lle trasladou que "en días" este estatuto estará "no consello de ministras"

"Necesitamos urxentemente fixar o prezo da enerxía nas electrointensivos", dixo Yolanda Díaz, quen explicou que, neste momento, o estatuto está "á espera de resolver múltiples alegacións", pero que "sairá adiante" en " días ".

Igualmente, referiuse á situación da transferencia da AP-9 a Galiza, un "acordo apoiado pola unanimidade da Cámara galega" que "en termos democráticos ten que avanzar". "En canto se inauguren as Cortes, será unha das primeiras leis en entrar a debate", explicou.

Comentarios