Vivenda en Galiza: descubre se podes solicitar a axuda estatal ao alugueiro

A partida aparece nos Orzamentos Xerais do Estado pero hai que rematar as particularidades do novo bono, cuxa normativa será aprobada nas próximas semanas se ben terá efecto retroactivo, polo que as persoas beneficiarias cobrarán os atrasos desde o 1 de xaneiro.

Unha vivenda en aluguer, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press)
photo_camera Unha vivenda en alugueiro, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press)

O Goberno do Estado español vén de confirmar esta segunda feira, 3 de xaneiro, que o novo bono do alugueiro será aprobado nas próximas semanas pero que, malia o atraso, terá carácter retroactivo desde o día 1 deste ano.

Isto implica que malia que o apoio económico chegue tarde, chegarán tamén as semanas ou meses que xa pasaran para compensar a economía das persoas que resulten beneficiarias.

Así o explicaron fontes do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que aclararon que quedan algúns detalles por aclarar.

A bolsa será de 250 euros mensuais para as persoas e a partida destinada a esta medida é de 200 millóns de euros, con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado deste exercicio.

Requisitos mínimos

Mais o importante, primeiro, é saber quen poden optar a esta subvención do Estado español?

Un dos requisitos que se vai comprobar á hora de outorgar a contía mensual é que as persoas solicitantes teñan entre 18 e 35 anos.

Así mesmo, se a demandas terás que demostrar que contas cun contrato laboral que non implique ingresos de máis de 23.725 euros ao ano.

Por outra parte, o bono será de titularidade persoal e non ligado a cada vivenda.

Tamén en materia de vivenda, o Executivo español anunciou que prevé levar ao Consello de Ministros o anteproxecto da Lei de Vivenda proximamente.

Comentarios