A inflación na Galiza crece 5,9% en novembro, marcada pola suba do custo da vivenda e o transporte

EuropaPress_2672419_vivienda_alquiler_alquila_piso

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) continúa coa súa escalada en novembro na Galiza e dispárase 5,9% en relación ao mesmo mes do ano anterior, marcada pola suba dos custos da vivenda (+20,4%) e o transporte (+13,7%).

O incremento do IPC na Galiza volveu situarse por riba da media estatal (+5,5%) en novembro en taxa interanual, segundo os datos difundidos esta quinta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Así mesmo, no que vai de ano, a inflación galega creceu 5,7% e rexistrou os maiores aumentos na vivenda (+18,9%) transporte (+12%). Ademais, en taxa mensual, o IPC galego elevou 0,5%.

Así mesmo, no que vai de ano, a inflación galega creceu 5,7% e rexistrou os maiores aumentos na vivenda (+18,9%) transporte (+12%). Ademais, en taxa mensual, o IPC galego elevou 0,5%

A nivel estatal, a inflación creceu 5,5% en taxa interanual en novembro, cando se rexistraron incrementos dos custos da vivenda (16,8%) e transporte (13,5%) respecto ao mesmo mes do ano anterior.

Por outra banda, o INE difundiu esta quinta que o Índice de Prezos de Consumo (IPC) subiu 1,3% en decembro no conxunto do Estado  en relación ao mes anterior e disparou a súa taxa interanual até 6,7%, máis de dous puntos por riba da taxa de novembro (5,5%) e o seu nivel máis alto en 29 anos, debido o encarecemento da luz e, en menor medida, dos alimentos.

Co dato de decembro, o máis elevado desde marzo de 1992, o IPC interanual encadea a súa duodécima taxa positiva consecutiva, segundo os datos avanzados publicados esta quinta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Comentarios