As traballadoras do SAF irán a folga indefinida a partir de 2 novembro

As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) están chamadas na Galiza a unha folga indefinida a partir de 2 de novembro. A protesta convocada pola Confederación Intersindical Galega (CIG) busca melloras nas condicións laborais do colectivo.

SAF_03
photo_camera Protesta da CIG en Vigo en defensa dun convenio para as traballadoras do SAF. (Foto: Nós Diario).

A melloras das condicións laborais das traballadores do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) esta detrás da convocatoria de folga. A CIG denuncia que “a precariedade e escaso recoñecemento social marcan o día a día das traballadoras que prestan un labor básico para centos de persoas en toda Galiza como é servizo de axuda no fogar”.

A CIG prepara unha folga indefinida a  partir de 2 de novembro. O seu obxectivo é garantir subas salariais que manteñan o poder adquisitivo e impedir “ unha dobre escala salarial que suporá unha discriminación en función do concello no que se traballe e aboca ás traballadoras á precariedade e a pobreza”.

Subas salariais

O sindicato nacionalista indica que “cun convenio sen actualizar desde 2011 e tras as situacións dramáticas vividas durante a pandemia, a patronal non só pretende consolidar esta precariedade non garantindo sequera o mantemento do poder adquisitivo cunhas subas salariais acordes ao IPC, senón que incluso busca crear unha dobre escala salarial con dúas táboas diferenciadas en función de cando se liciten os contratos”.

A secretaria nacional da CIG-Servizos, Transi Fernández denunciano preacordo asinado entre a patronal do sector e os sindicatos UGT e CCOO. A sindicalista entende que “contempla subas de miseria e discriminatorias a cambio, ademais, de eliminar a cláusula de revisión ligada ao IPC real”.

Transi Fernández explica que “ás traballadoras dun concello no que non se vai sacar o novo concurso até dentro de dous anos, se lles apliquen incrementos salariais de 1% en 2023 e doutro 1% en 2024, mentres que as traballadoras do concello do lado, onde liciten este ano, van ter incrementos de 3,15% en 2023 e de 3,15% en 2024”.

Poder adquisitivo

Fernández lembra que “que o actual convenio recolle unha cláusula de actualización dos salarios en base ao IPC, que se aplicará de maneira automática mentres non se asine un novo convenio”.

A CIG advirte que “as traballadoras do SAF levan anos padecendo condicións laborais de absoluta precariedade, cunhas elevadas taxas de parcialidade, sen que se lle respecten os seus dereitos e mesmo subvencionando parte do servizo, xa que, por exemplo, son elas as que poñen os seus vehículos particulares para trasladarse dun domicilio a outro”.

O sindicato lamenta que “no preacordo asinado só se recolle incrementar dos actuais 0,19cts/km a 0,22 céntimos por quilómetro os gastos de combustíbel durante todo o período de vixencia do convenio, isto é, até 2026. Unha compensación “miserenta” para traballadoras con baixos salarios”.

Comentarios