CIG do Popular-Pastor e Santander coordinan estratexias perante o proceso de integración

O mantemento dos postos de traballo, prioridade

CIG Popular pastor

Santiago acolleu esta segunda feira unha reunión dos representantes sindicais da cntral nacionalista CIG noe Popular-Pastor e de Banco Santander, así como de Universal Support (centro de chamadas para o Popular) para debater e coordinar a actuación a desenvolver durante o proceso de integración.

O mantemento dos postos de traballo, pedir unha solución para os accionistas do Popular –boa parte dos traballadores adquiriron accións da entidade- e a conservación da marca Pastor son algunhas das prioridades.  A duplicidade de oficinas en máis dun cento de concellos galegos entre Santander e Popular-Pastor leva a temer a que se opte por unificar sucursais e recortar postos de traballo, tal e como se fixo en anteriores procesos similares

Comentarios