O risco dunha economía en cinzas
Unha vaga de incendios como a que Galiza sofreu a mediados de outubro sobrepasa con moito o simple problema ambiental para entrar de cheo no social e o económico. Os incendios golperoan sectores produtivos básicos do país para alén de poñer sobre a mesa unha cuestión: Quen asume e cubre os enormes danos? Damos as claves no Sermos Galiza 269.
Embora todas estas limitacións, estas tres expertas sinalaban que os custos dos incendios en Galiza teñen un impacto equivalente a entre 0,62 e 0,84% do noso PIB. No conxunto do Estado españpol, o impacto do lume non sobrepasa o 0,2%. Que quere dicir isto? Pois, como nos afirma Lourdes Hernández (WWF), “que os incendios xa non son un problema estritamente ambiental, senón un problema económico”. Hernández incide en que vagas de lume como a deste mes de outubro non só teñen efectos na natureza, na flora e fauna. As consecuencias van desde a gandeiría até o agro e o turismo. “Restaurar unha zona calcinada sae entre 3.000 e 6.000 euros por hectárea”.
[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 269, á venda na loxa e nos quiosques habituais]