O primeiro Consello de Ministras deixa no aire o estatuto das electrointensivas

As traballadoras das empresas electrointensivas teñen convocada unha manifestación en Madrid o martes 22 que só un Consello de Ministras pode evitar.
Protesta das traballadoras das industrias electrointensivas en Compostela (Europa Press).
photo_camera Protesta das traballadoras das industrias electrointensivas en Compostela (Europa Press).

As traballadoras de Megasa, Celsa, Ferroatlántica ou Alcoa quedaron onte coa mesma situación de incerteza na que viven desde hai meses. O novo Executivo español deixou fóra da orde do día do primeiro Consello de Ministras a aprobación do novo estatuto electrointensivo que lle levan demandando as empresas con maior consumo enerxético do país para poder competir en igualdade con outros territorios nos que as compañías electrointensivas gozan de bonificacións e prezos reducidos na súa factura enerxética, o que as fai máis eficientes e competitivas. 

A aprobación deste estatuto demórase pois unha vez máis, ao igual que fixera o Goberno en funcións durante a campaña coa escusa da interinidade. Agora hai Goberno, pero o carácter extraordinario do Consello de Ministras parece ser desta vez o argumento esgrimido. Haberá que ver se este venres, no que está convocada unha reunión tamén de carácter extraordinario do novo Executivo, a proposta que tanto agardan as empresas electrointensivas sae adiante. Se non, a terceira opción sería no Consello de Ministras do martes, a nova data elixida polo Goberno español para as súas sesións ordinarias.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios