O PIB per cápita sobe na Galiza mais está 2.500 euros por baixo do español e 7.000 do europeo

Sitúase na Galiza en 23.873 euros.

salarios

O produto interior bruto (PIB) per cápita subiu na Galiza en 2019, un 3,2%, algo máis que o incremento experimentado pola media no Estado (+2,5%).Mais a riqueza pro persoa na Galiza continúa por baixo da media española (2.500 euros) e a moita distancia da europea (7.000 euros).  O PIb per cápita é de 26.426 no Estado e 31.160 da Unión Europea dos 27.

En termos de volume, no seu conxunto, o PIB galego creceu un 1,8% o pasado exercicio, fronte ao aumento experimentado pola UE-27, que foi do 1,6%.

Mentres, a renda dispoñíbel bruta dos fogares (tamén  per  cápita), con datos correspondentes ao ano 2018, foi de 14.673 euros na Galiza, un 93,9% respecto ao total da media no Estado (15.618 euros).

Os datos publicados revisan as estimacións da contabilidade rexional de España difundidas o pasado mes de xullo e son o resultado tanto da incorporación da actualización da Contabilidade Nacional de España como da dispoñibilidade dunha maior cantidade de fontes de información estatística.

O ano de referencia 2017 ten o carácter de definitivo, o 2018 de provisional e o 2019 de avance.

Concellos

Segundo os datos publicados en marzo polo Instituto Galego de Estatística (IGE) relativos a 2017, Oleiros repite como o concello de maior renda per cápita da Galiza. A Coruña (18.445 euros) e Compostela (18.332) ocupan o segundo e terceiro lugar na lista. As sete grandes cidades concentran 42% da renda de toda Galiza.

Comentarios