domingo 07.06.2020

Oleiros repite como o concello de maior renda per cápita da Galiza

As sete grandes cidades concentran 42% da renda de toda Galiza.
Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros (Concello de Oleiros).
Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros (Concello de Oleiros).

O concello de Oleiros mantense como o concello galego con maior renda por habitante, con 22.545 euros, case 8.000 euros máis que a media galega, que está nos 14.643 euros.

Segundo os datos publicados esta sexta feira polo Instituto Galego de Estatística (IGE) relativos a 2017, A Coruña (18.445 euros) e Compostela (18.332) ocupan o segundo e terceiro lugar na lista. As sete grandes cidades concentran 42% da renda de toda Galiza.

As Pontes (17.174), Ourense (17.126), Bergondo (17.088), Nigrán (16.935), Lugo (16.570), Teo (16.516) e Pontevedra (16.400) completan as dez primeiras posicións. No extremo oposto sitúanse os concellos de Negueira de Muñiz (5.638 euros), Parada de Sil (7.148 euros), Pontedeva (7.620), Dozón (7.901), Oímbra (7.924) e Vilariño de Conso (7.976 euros).

comentarios