Pemex deixa Barreras

Acadou un principio de acordo coa cadea hoteleira de EUA  Ritz-Cartlon para ceder Os dereitos do seu 51% de accións. A paraestatal mexicana di así adeus ao estaleiro 6 anos despois de desembarcar nel.

pemex xunta barreas
photo_camera (Imaxe: Xunta)

Seis anos. Esa é a duración da aposta de Pemex por Barreras, un desembarco bendecido por Feixoo e a Xunta e no que a paraestatal mexicana chegou como a salvadora e garante de futuro da factoría viguesa. Era novembro de 2013 e Pemex era presentada polo Goberno de Feixoo como ‘maná’ para o naval galego. 

Núñez Feixoo optara en 2012 por acaparar todo o protagonismo do acordo con Pemex (en plena precampaña electoral, lembremos) para se postular como salvador do naval galego. “Son o director comercial da Galiza”, chegou a manifestar o presidente galego para se presentar como valedor dos intereses económicos e comerciais do país.

Promesas que levou o vento

Tempos de anuncios de numerosos contratos para construir buques ‘off shore’, barcos de abastecemento, atuneiros, tempos nos que se vendía un proxecto da petroleira para se instalar na Punta Langosteira, na Coruña. Nada diso callou.

Pemex, en quebra técnica, ten claro que marcha de Barreras. Acadou un principio de acordo coa cadea hosteleira estadounidense Ritz Cartlon para cederlle 51% do seu accionariado.

A industria auxiliar afectada pola crise do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras decidiu de forma unánime a finais de outubro  “dar un paso adiante” para desbloquear a situación. A súa intención é constituír unha sociedade conxunta nos próximos días para poder negociar con Pemex, o accionista maioritario, a toma de control do estaleiro. Mais a mexicana optou por Ritz Carlton. A propiedade, que conta con PMI, filial da petroleira mexicana Pemex, como máximo accionista, trasladou ao comité de empresa a mediados deste ems que a súa folla de ruta pasaba precisamente por acadar un acordo para xestionar os sobrecustos, que ascenden a uns 50 millóns de euros, e ao mesmo tempo evitar chegar ao concurso de acredores. 

Comentarios