O comisario da UE de Competencia partidario de que o Goberno asuma o custo das preferentes
26 de xuño de 2012 (13:40 h.)
Joaquín Almunia defendeu esa vía como posíbel solución ao problema d@s afectad@s
Joaquín Almunia, comisario europeo de Competencia, afirmou, nun curso sobre o euro organizado pola UIMP, que non lle gusta que se diga que é Bruxelas a responsábel de bloquear a solución das preferentes.
Neste sentido, Almunia defendeu que sexa o propio Goberno quen atope unha solución para @s afctad@s e que esa vía pode ser abrindo unha líña nos orzamentos que compense a esas persoas. E mesmo apuntou a posibilidade de que as propias Comunidades Autónomas tamén se impliquen nesta solución.
Na Galiza, o número de afectad@s pola 'estafa' ronda as 100.000 persoas.