O comisario da UE de Competencia partidario de que o Goberno asuma o custo das preferentes

Joaquín Almunia defendeu esa vía como posíbel solución ao problema d@s afectad@s
Manifestación de afectad@s polas preferentes
photo_camera Manifestación de afectad@s polas preferentes

Joaquín Almunia, comisario europeo de Competencia, afirmou, nun curso sobre o euro organizado pola UIMP, que non lle gusta que se diga que é Bruxelas a responsábel de bloquear a solución das preferentes.

Neste sentido, Almunia defendeu que sexa o propio Goberno quen atope unha solución para @s afctad@s e que esa vía pode ser abrindo unha líña nos orzamentos que compense a esas persoas. E mesmo apuntou a posibilidade de que as propias Comunidades Autónomas tamén se impliquen nesta solución.

Na Galiza, o número de afectad@s pola 'estafa' ronda as 100.000 persoas.

Comentarios