sábado 16/10/21

Os sindicatos denuncian a falta de información no proceso de negociación do ERE en NGB

Clodomiro Montero afirma quen a entidade financeira oculta a listaxe de persoas que serán despedidas, así como as oficinas que serán fechadas após o proceso de re-estruturación.
Clodomiro Montero de CIG Banca
Clodomiro Montero de CIG Banca


Novagalicia Banco mantivo unha reunión cos sindicatos para entregarlles máis documentación sobre o expediente de regulación de emprego (ERE) que formulou hai uns días e que afecta un total de 2.508 [email protected]

É a terceira reunión após que os sindicatos anunciaran que non tiñan información abondo para presentar unha proposta á entidade financeira. "Sen a documentación que a lei obriga a facilitar é moi difícil que poidamos presentar ningunha contraproposta", asegurou Clodomiro Montero, responsábel de CIG-Banca e voceiro do comité de empresa integrado polos sindicatos CGT, CIG, C.OO., Csica, UGT e ASCA que participaron na reunión.

Entre a información que solicitan os sindicatos está a listaxe de persoas que a entidade financeira pensa despedir. "Non sabemos as persoas afectadas, cando teñamos máis datos presentaremos propostas alternativas", asegurou o portavoz dos sindicatos. A falta de documentación é unha das eivas que ten este proceso. "Hoxe chamámoslle a atención á empresa porque eles propuxeron despidos e traslados sen facilitar nin os criterios nin a quen afectan". Segundo o responsábel da CIG-Banca coa documentación entregada nesta reunión poderán presentar "algunha proposta" cara á seguinte que se realizará a semana vindeira.

Entre a información que solicitan os sindicatos está a listaxe de persoas que a entidade financeira pensa despedir.

Responsabilidades políticas polas preferentes e subordinadas

Os sindicatos denunciaron tamén o que consideran "unha manobra" no tema das Preferentes e Subordinadas. "Un dos problemas que ten a arbitraxe das preferentes é que parte da idea de exonerar aos directivos ea os responsábeis políticos centrando o problema nunha mala praxe por parte dos traballadores e traballadoras desta entidade".

Clodomiro Montero deixou claro que a culpa non é [email protected] posto que "non decidiron colocar este producto". Sinalou a responsabilidade "política" dos gobernos e demandou "que se lle devolva á clientela o cen por cen dos seus aforros".

comentarios