Máis de 107.000 traballadores galegos sufriron un ERE nestes últimos anos

Os expedientes de regulación de emprego de extinción aumentaron en 2016 por vez primeira desde 2013.

Entre 2010 e 2016  un total de 107.534 traballadores en Galiza se viron afectados por un expediente de regulación de emprego. A maioría (76.410) foron EREs de suspensión mentres que 11.105 asalariados sufriron un expediente de extinción. Os de redución de xornada atinxiron perto de 20.000 traballadores.

Mentres que nos expedientes de suspensión e de redución de xornada dáse, ano tras ano, unha progresiva redución no número de persoas asalariadas afectadas, non acontece o mesmo nos ERES extintivos. En 2016 foron 1.005 os traballadores que estiveron atinxidos por esta medida, o que supón un aumento do  17% a respecto do exercicio anterior, 2015, cando foron 858.

E o incremento é do 33% se a comparación a facemos coas persoas asalariadas que estiveron afectadas por un expediente de regulación extintivo en 2014, que foron 754.

Comentarios