Os prezos dos alimentos e a electricidade disparan a inflación até 10,8%, o maior nivel desde 1984

O encarecemento da electricidade e dos alimentos e bebidas non alcólicas lidera esta repunta.
O mercado marxinalista para a fixación dos prezos da luz é unha agresión á maioría social. A inflación continúa disparada neste comezo de 2022. Os balances do Banco Central Europeo multiplicáronse (Foto: Europa Press).
photo_camera Os alimentos encarecéronse considerabelmente nos últimos meses. (Foto: Europa Press)

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) baixou no conxunto do Estado español dúas décimas en xullo en relación ao mes anterior, mais disparou a súa taxa interanual seis décimas, até 10,8%, o seu nivel máis alto desde setembro de 1984, segundo os datos avanzados esta sexta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

O dato de xullo, que deberá ser confirmado por Estatística a mediados do mes que vén, supera o pico alcanzado o pasado mes de xuño, cando o IPC ficou en 10,2%, o maior valor desde 1985.

Alimentación e electricidade lideran a suba

Segundo o INE, a escalada do IPC interanual até 10,8% débese, principalmente, á suba dos prezos dos alimentos e bebidas non alcólicas e da electricidade —que rexistrara unha baixada en xullo de 2021— e ao comportamento da vestimenta e calzado, cuxos prezos baixan menos que o ano pasado.

Estatística destaca tamén, aínda que en sentido contrario, o descenso dos prezos dos carburantes neste mes de xullo.

Inflación subxacente

O INE tamén incorpora no avance de datos do IPC unha estimación da inflación subxacente —sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos—, que aumentou en xullo seis décimas, até 6,1%, o seu valor máis alto desde xaneiro de 1993.

Deste modo, a subxacente sitúase 4,7 puntos por baixo da taxa do IPC xeral. No sétimo mes de 2022, o Índice de Prezos de Consumo Harmonizado (IPCH) situou a súa taxa interanual en 10,8%, oito décimas superior á rexistrada o mes anterior.

Pola súa parte, a variación mensual estimada do IPCH rexistra unha caída de medio punto.

Comentarios