Galiza está entre os territorios do Estado con menor superficie agrícola utilizada

Terreos preparados para viñedos na parroquia de Añobre, Vila de Cruces (Foto: Si a un rural vivo).
Descenso porcentual de 1,6% en 2023 con respecto ao ano 2020. 

A Galiza figura entre as comunidades con menor tamaño de superficie agrícola utilizada por explotación agrícola e gandeira de todo o Estado español, segundo os datos que se deron a coñecer na xornada desta cuarta feira pertencentes á enquisa sobre a estrutura das explotacións agrícolas de 2023 do Instituto Nacional de Estatística (INE). 

En concreto, a superficie agrícola utilizada (SAU) estimada para o país foi de 23,5 millóns de hectáreas, o que supón un descenso porcentual de 1,6%, aínda que a superficie media por explotación medrou un 13,2%, até chegar ás 30,46 hectáreas na Galiza.

A enquisa mostra que o único aumento entre a SAU destinada a cultivos ao aire libre correspondeu ás árbores froiteiras, cunha alza de 2%, mentres que os hortos e outras superficies de leñosos rexistraron os maiores descensos, de até 42,6% e 12%, respectivamente. Pola súa parte, a superficie de cultivo en invernadoiro caeu 14,8%, até as 55.300 hectáreas. 

Ademais, Galiza está situada  no grupo que conta con menos hectáreas de tamaño medio (14,52 hectáreas), xusto tras as que fechan  alista que son Canarias (3,69 hectáreas) e o País Valencià (6,83 hectáreas). No lado contrario, teñen un maior tamaño medio territorios como Castela e León (74,95 hectáreas), Aragón (61,81 hectáreas) e Estremadura (51,53 hectáreas). 

Redución estatal

Os resultados a nivel estatal que revela o estudo do INE indican que o número de explotacións agrícolas reduciuse un 12,4% entre os anos 2020 e 2023, até situarse nun total de 784.141, respecto ás 895.055 explotacións que había na anterior enquisa realizada en 2020.