Gadis valoriza nun foro con 40 profesionais a importancia das mulleres rurais na economía

O foto levouse a cabo na sede do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental da Galiza).
Participantes no foro de Gadis sobre o papel das mulleres rurais (Foto: Nós Diario).
photo_camera Participantes no foro de Gadis sobre o papel das mulleres rurais. (Foto: Nós Diario).

Gadis organizou unha nova edición do foro de mulleres rurais "para axudar no seu empoderamento tendo en conta o relevante papel que asumen para o desenvolvemento sostíbel da súa contorna". Coa asistencia de máis de 40 profesionais de diversos sectores produtivos, e baixo o título “Mulleres rurais: a importancia na economía local”, levouse a cabo na sede do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental da Galiza).

O foro abrírono a directora de Marketing e RSC e a responsábel de Calidade de Gadisa Retail, Melisa Pagliaro, e Yolanda Álvarez, respectivamente. Articularon a súa intervención ao redor da aposta pioneira da compañía pola produción local como eixo vertebrador do tecido socioeconómico das comunidades nas que está implantada.

Esta aposta tamén é un dos piares sobre os que se asenta o seu programa de Responsabilidade Social Corporativa para o desempeño económico, social e ambiental. Na práctica, “estes valores que identifican á empresa supuxeron máis de 466 millóns destinados a compras a provedores de orixe local en 2022, co consecuente impacto positivo na súa contorna”, explicaron.

“A súa visión para o emprendemento, os numerosos retos que afrontan a diario, a capacidade para proporcionar benestar a toda a comunidade a través da creación e desenvolvemento de pequenas e medianas empresas xeradoras de emprego e de afianzar poboación no rural” son algunhas das fortalezas que enumeraron as responsábeis de Gadisa Retail sobre estas profesionais, coas que a compañía mantén “unha estreita colaboración comercializando os seus produtos de orixe local, na maioría dos casos, desde hai moitos anos”.

O papel dos Grupos de Desenvolvemento Rural

O foro tamén serviu para pór de manifesto a relevancia dos Grupos de Desenvolvemento Rural como elementos integradores e dinamizadores nas súas respectivas áreas de influencia. O xerente do GDR Mariñas-Betanzos, Jorge M. Blanco, e a produtora Cristina Bañobre, tamén socia da entidade, intercambiaron opinións e experiencias sobre as iniciativas que levan a cabo para mellorar a calidade de vida da poboación local a partir da valorización do territorio e o seu patrimonio natural e cultural. Unha destas accións, coa que Gadis coopera, é o proxecto Ecocomedores, que impulsan 11 GDR na Galiza para promover a alimentación saudábel e de proximidade nos menús escolares dos centros educativos.

Mesa redonda

As tres protagonistas da nova campaña audiovisual de Gadis sobre as mulleres rurais tomaron a palabra na mesa redonda que puxo fin ao foro. Marta Novoa (Finca A Reinica), Cristina Vázquez (Verduras Chelin) e Maika Mougan (Hortamanda) narraron as súas experiencias á fronte das súas respectivas empresas. As tres agradeceron o apoio de Gadis e coincidiron en que o seu traballo permítelles “xerar emprego, conciliar a vida persoal e familiar e estar en contacto coa natureza”.

Comentarios