Fruga denuncia que en 2017 non se habilitaron axudas polas perdas causadas polo xabarín

A Federación Rural Galega (Fruga) insta a Xunta a que active un sistema de axudas inmediato para os danos causados pola fauna salvaxe, pois os gandeiros e gandeiras non poden asumir as perdas. “Os ataques da fauna salvaxe, principalmente os ocasionados polo xabarín van en aumento nos últimos anos”, indica Fruga, informando que os cultivos mais afectados, son principalmente os pasteiros. “As perdas ocasionadas  son cuantiosas, dándose casos nos cales algún gandeiro non desbota abandonar a súa actividade como consecuencia dos danos do xabarín”.

“Desde a Fruga consideramos que a Xunta ten que tomar cartas no asunto. Anteriormente xa houbo demandas por parte de Fruga por este tema, e pasado o tempo desde a administración autonómica non fixo absolutamente nada”.

Fruga denuncia que no ano 2017 non se habilitaron axudas para compensar os danos causado polo xabarín

Comentarios