Estrella Galicia inaugurará "en breve" a súa segunda fábrica na comarca da Coruña

Prevén que sexa a "segunda planta de cervexa máis grande de Europa".

Ignacio Rivera, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Aecoc / Roger Castellon)
Ignacio Rivera, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Aecoc / Roger Castellon)

O presidente executivo de Corporación Hijos de Rivera, Ignacio Rivera, avanzou que Estrella Galicia inaugurará "en breve" a súa "segunda cociña", pola segunda fábrica que a compañía terá na comarca da Coruña, en concreto no polígono de Morás, no Concello de Arteixo.

Sinalouno durante a súa intervención na clausura da asemblea xeral da asociación galega da empresa familiar, onde falou en calidade de presidente do Instituto da Empresa Familiar (IEF).

En concreto, asegurou que será a segunda planta de cervexa máis grande de Europa e lembrou que a empresa pensou "moito onde facela" pero finalmente pesou o "impacto positivo", no que entran en xogo factores como a orixe e "a morriña".

Así, indicou que a inauguración está "a punto" de suceder e especificou que será "en breve" e a correspondente á "primeira fase", cun investimento por valor de 400 millóns de euros.

Comentarios