O dono de Abanca sitúase como a quinta maior fortuna no Estado español

Lista Forbes: Escotet entra na lista, cun patrimonio de 2.500 millóns de euros.

Juan Carlos Escotet, en primeiro plano, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Abanca)
photo_camera Juan Carlos Escotet, en primeiro plano, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Abanca)

Forbes publica esta terza feira a súa lista sobre as 100 grandes fortunas do Estado español e nela continúa no cumio Amancio Ortega, cunha fortuna de 67.000 millóns de euros, 10.000 millóns máis dos que tiña no ano pasado, 2020.

Inditex está tamén na explicación da segunda fortuna no ranking de Forbes: a de Sandra Ortega, filla de Amancio e que suma 6.300 millóns de euros de patrimonio. 700 millóns máis que hai un ano.

E a gran novidade desta lista é o o dono de Abanca, Juan Carlos Escotet, que Forbes sitúa como a quinta maior fortuna no Estado español, con 2.700 millóns de euros.

Por diante del, ademais dos xa mencionados Ortega pai e Ortega filla só está o presidente de Ferrovial, Rafael del Pino, con 4.100 millóns de euros de fortuna: e Juan Roig, presidente de Mercadona, con 3.700 millóns.

Galiza vai camiño de ter 8.000 persoas que poden ser consideradas, oficialmente, ricas. É dicir, que teñen que pagar o Imposto de Patrimonio, que é ese que asumen aqueles e aquelas persoas que atesouran un patrimonio superior a 700.000 euros e outros 300.000 de vivenda.

Na Galiza hai unha persoa rica por cada 350 habitantes. O país cos salarios e as pensións máis baixas é tamén terra dalgunhas das fortunas máis importantes.  Estamos en perto das 8.000 persoas ricas residindo aquí, cando en 2011 a cifra que integraba esa listaxe de afortunados non chegaba a 7.200

Salarios

O salario medio dunha persoa nun posto directivo en Galiza case cuadriplica o ingreso que de media perciben os seus empregados e empregadas. Unha fenda que, en diñeiro, é de case 59.000 euros anuais: 58.994. Son datos do estudio da escola de negocios Eada e ICSA e no que se constata que os salarios dos directivos aumentaron nestes anos a respecto dos ingresos dos traballadores e traballadoras.

O informe analiza a evolución dos salarios entre 2007 e 2020. A retribución media dun directivo en Galiza é en 2020 de 81.125 euros (era de 76.229 en 2018). Os mandos intermedios ingresan de media 40.494 euros anuais e os empregados 20.131 euros, case 6% menos que a media española.

Así pois, se o salario medio dun empregado galego é igual a 100, o dun directivo en Galiza sería de 366. Unha diferenza semellante á que se rexistra no conxunto do Estado español, onde sería de 100 a 365; mais moi lonxe da media na UE, onde esa fenda é menor.

Na Galiza o salario medio por hora situouse en 8,6 euros en 2019, polo que experimentou un incremento de menos de un euro en sete anos, se se analiza a serie histórica que publica esta sexta feira

Comentarios