Opinión

Povisa: un 40% menos de xustiza

A reforma laboral de febreiro de 2012 rematou coa ultraactividade na negociación colectiva. Ata entón cando remataba a vixencia prevista dun convenio colectivo, e en tanto non se negociaba outro, continuaban a aplicarse na empresa ou sector as condicións acordadas no anterior. Entre estas todas as melloras que respecto dos mínimos estabelecidos no Estatuto dos Traballadores se conseguiran: permisos, vacacións, tempo de traballo... e, moi importante, salarios. A ultraactividade dotaba @s traballador@s dun colchón negociador: se a correlación de forzas non permitía introducir melloras nas condicións laborais, aplicábanse indefinidamente as xa acadadas.

"Os economistas do sistema viñan reclamando unha devaluación salarial do 20%. Debilitar a posición negociadora das organizacións sindicais e da clase traballadora era imprescindíbel para o conseguiren"

No ano 2002 o goberno do Partido Popular, presidido por José María Aznar, promoveu unha reforma laboral, o “Decretazo”.  Nos trámites anteriores á presentación do Decreto-lei o duro campión dos neocons Aznar barallara eliminar a ultraactividade dos convenios. Finalmente non se atreveu a o facer. Aínda así, debeu enfrontar unha folga xeral que supuxo a primeira derrota dun líder con sona entre a dereita española de invencíbel. En consecuencia viuse obrigado a modificar o texto inicial suavizando, que non eliminando, os cortes de dereitos que pretendía na prestación por desemprego.

Dez anos despois o “brando” Mariano Rajoy puxo fin á ultraactividade dos convenios en febreiro de 2012. Os economistas do sistema viñan reclamando desde o principio da crise unha devaluación salarial do 20%. Debilitar a posición negociadora das organizacións sindicais e da clase traballadora era imprescindíbel para o conseguiren. A folga xeral do 14 de novembro non abondou para o impedirmos.

"Será bo que reflexionemos sobre a facilidade con que o capital consegue o que só hai 10 anos era impensábel e que reflexionemos sobre a urxencia dunha alternativa que sexa quen de lle facer fronte".

Agora sabemos que, ao non haber acordo na negociación do convenio colectivo de POVISA, a empresa, xa non obrigada a respectar a ultraactividade do convenio anterior, aplicará o convenio de hospitalización e internamento da provincia de Pontevedra. Isto supón unha rebaixa salarial do 40% que case dobra o obxectivo declarado da reforma laboral do Partido Popular. Confío en que @s traballador@s e as organizacións sindicais da empresa saiban reaxir con firmeza e que eviten a perda. En calquera caso solidarízome con eles, coa súa raiba e indignación.

No entanto será bo que reflexionemos sobre a facilidade con que o capital consegue o que só hai 10 anos era impensábel e que reflexionemos sobre a urxencia dunha alternativa que sexa quen de lle facer fronte. Realmente. Agora. Vainos nesa envite boa parte das conquistas laborais e sociais que nos permiten dicir humanidade. E xustiza.

Comentarios