Convocatoria para unha queima pública de facturas da luz en 24 localidades galegas

A CIG impulsa estas mobilizacións “contra a estafa da luz e por unha tarifa eléctrica galega”.

queima facturas

Continúan as mobilizacións para protestar pola suba do prezo da luz e denunciar o os beneficios multimillonarias das eléctricas”. Se hai pouco máis dunha semana centos de persoas tomaban parte nas concentracións convocadas pola CIG contraese escenario, é tamén agora a central nacionalista quen impulsa unha nova dinámica: unha queima pública de facturas da luz en 24 cidades e vilas da Galiza.

Será o 3 de outubro, domingo, nunha dinámica que se desenvolverá en boa parte das comarcas da Galiza. Unha iniciativa, sinala o sindicato, “contra a estafa da luz e por unha tarifa eléctrica galega”.

A central sindical chama a levar as facturas da electricidade para facer unha queima colectiva, simbolizando o queime das eléctricas que, mentres acumulan beneficios multimillonarios, abocan á clase traballadora á pobreza enerxética.

O sindicato nacionalista carga contra “a impunidade coa que actúan” as eléctricas así como “o nulo papel que tanto o Goberno galego como o español están a facer para  garantir, con políticas públicas, o acceso á electricidade do conxunto do pobo en condicións asequíbeis”.

Fronte a isto, a CIG demanda o recoñecemento da enerxía como dereito fundamental e exixe políticas públicas de intervención no sector eléctrico para garantir o acceso á electricidade ao conxunto do pobo en condicións asumíbeis.

Hora e data:
 

A Coruña, 11:30h, Obelisco

Lugo, 12h, Subdelegación do Goberno

Cee, 11:30h diante do Concello

Monforte, 12h, diante do Concello

Carballo, 11:30h diante do Concello

Foz, 12h, diante da Delegación de Facenda

Betanzos, 11:30h, Praza García Irmáns

Sarria, 12h, Praza da Vila

Santiago, 11:30h, Praza Roxa

Vilalba, 12h, Praza da Constitución

Ribeira, 11:30h, Praza do Concello

Ourense, 12h Praza do Ferro

Pontevedra, 12h, Praza da Peregrina

Verín, 12h, Praza do Concello

Vilagarcía, 12h, Praza de Galiza

O Barco, 12h, Praza do Concello

A Estrada, 12h, Praza do Mercado

Vigo, 12h, Farola de Urzaiz

Lalín, 12h, Praza da Igrexa

O Porriño, 12h, Praza do Concello

Ferrol, 12h, Cantón

A Guarda, 12h, Praza de Avelino Vicente (As de Copas)

As Pontes, 12h, Praza do Hospital

Cangas, 12h Praza do Concello

Comentarios