Oito de cada dez empregos parciais na Galiza son femininos

O Foro Económico advirte dun deterioro da calidade do emprego.

O sector primario sería un dos beneficiados pola suba do SMI (Foto: Europa Press)
photo_camera .Imaxe de arquivo (Foto: Europa Press)

O Informe de Conxuntura Socioeconómica III/2021do Foro Económico de Galiza aponta a que “un ano despois do shock, a economía galega recupera o seu dinamismo”. Da súa análise económica subliñan datos tales como que o PIB medra un 17,5%, mais tamén advirten da baixa a calidade dos contratos.

A pesar desta mellora, sinalan, Galiza mantense como o segundo territorio coa participación laboral máis reducida, tras Asturias, e o quinto coa taxa de ocupación máis baixa.

O analistas do Foro advirten dun deterioro da calidade do emprego: maior intensidade do traballo a tempo parcial, medra de asalariados con contrato temporal e redución dos contratos indefinidos. “Cómpre mencionar o incremento da desigualdade entre homes e mulleres atendendo a evolución do peso relativo do emprego parcial entre as mulleres: oito de cada dez empregos parciais son femininos”, sinalan.

Cómpre mencionar o incremento da desigualdade entre homes e mulleres atendendo a evolución do peso relativo do emprego parcial entre as mulleres: oito de cada dez empregos parciais son femininos

A reactivación da actividade económica vén motivada por “unha achega positiva da demanda interna (18,5 puntos), o que contrasta cunha achega negativa do sector exterior en Galiza”, recolle o documento.

Todos os compoñentes da demanda interna “amosan taxas interanuais positivas”, indican os economistas ao tempo que salientan o maior incremento do gasto público en Galiza (8,2 fronte ao 0,9 no Estado) e tamén no consumo das familias (Galiza 23,4 fronte ao 4,7 do conxunto do Estado).

Na comparativa pre-crise, desde o Foro Económico resaltan que “só o gasto público presenta en Galiza e en Estado valores superiores aos do cuarto trimestre de 2019” e que “tanto o gasto privado como o investimento presentan unha evolución similar en Galiza”. Ademais destacan “o acusado diferencial no caso das exportacións (-2% fronte ao -14,3% en España)”.

Comentarios