Bárcenas demanda o PP por despido improcedente e di que cobraba 21.300 euros brutos ao mes

O extesoureiro do PP interpuxo unha demanda contra o Partido Popular por despido improcedente, segundo informa El País. Bárcenas mantén que desde marzo de 2010 até o pasado 31 de xaneiro foi asesor do PP
Barcenas
photo_camera Barcenas

Luis Bárcenas interpuxo unha demanda por "despido improcedente" contra o PP, segundo informa o xornal El País. O extesoureiro popular afirma que traballou para ese partido como asesor entre marzo de 2010 e o pasado 31 de xaneiro, día en que foi dado de baixa sen o seu consentemento. Durante eses meses recibiu unha paga de 21.300 euros brutos ao mes.

Na súa demanda, Bárcenas conta que comezou a traballar para o PP en 1982, "coa categoría de licenciado". No Partido Popular desenvolveu diversos cargos e responsabilidades até o 31 de xaneiro pasado.

Comentarios