Documentos de Bárcenas indican que o PP recibiu 33 millóns de euros en doazóns de 1999 a 2007

O extesoureiro do PP, Luís Bárcenas declarou hoxe diante do xuíz. Os seus documentos indicarían que o PP tería recibido entre 1999 e 2007 máis de 33 millóns de euros en doazóns. Aliás, Bárcenas di que tivo 30 millóns de euros en contas en Suiza polo seu "bon facer" nos negocios. O xuíz da Audiencia Nacional vén de retirarlle o pasaporte ao ex-tesoureiro como medida cautelar.
Barcenas
photo_camera Barcenas

Fontes xudiciais presentes na declaración sinalan que documentos do extesoureiro Luis Bárcenas indicarían que o PP tería recibido entre 1999 e 2007 máis de 33 millóns de euros en doazóns. Aliás, Bárcenas di que tivo 30 millóns de euros en contas en Suiza polo seu "bo facer" nos negocios.

A Fiscalía Anticorrupción vén de retirarlle o pasaporte como medida cautelar o que lle impedirá saír fóra do Estado español. Segundo o xuíz Pablo Ruz, coa decisión pretende evitarse unha posíbel fuga do fora tesoureiro do PP quen, aliás, deberá prestar declaración cada quince días no xulgado.

Bárcenas declarou durante máis de 3 horas nas que tivo que explicar o seu enriquecemento e as contas de Suiza, para alén da trama de corrupción vencellada ao financiamento ilegal do PP. Pese a seren rexeitadas a pasada semana, nesta ocasión a Fiscalía podería aplicar este réxime que o PSOE reclama para o protagonista da grande trama económica tecida arredor do PP. Sería a primeira vez que a Bárcenas se lle aplican medidas cautelares, mália ter sido imputado hai xa máis de tres anos no caso Gürtel.

O ex tesoureiro formou parte do cadro de persoal do PP até o pasado 31 de xaneiro. A pesar de ter xa un longo historial como imputado, a aplicación de medidas cautelares teríase debido á fortuna atesourada en Suiza.

Comentarios