Alu Ibérica muda o director de RRHH

O Grupo Riesgo reconduce parte da organización de Alu Ibérica e muda algúns cargos, como o de dirección de recursos humanos.
Asemblea de persoal de Alu Ibérica (Europa Press)
photo_camera Asemblea de persoal de Alu Ibérica (Europa Press)

A empresa Alu Ibérica, antiga Alcoa na Coruña, anunciou que está "a reorganizar equipos" na súa planta galega e en Avilés coa intención de reforzar o seu compromiso coa "continuidade" de ambas. Por este motivo decidiu nomear onte novo director de Recursos Humanos.

Segundo asegura nun comunicado, a compañía amosa a súa intención de que se convertan en "referencia a nivel europeo na produción de aluminio verde circular". Neste sentido, fontes da directiva da compañía aseguran que están a ofrecer formación ao seu persoal en "novas técnicas de traballo" para avanzar na "reformulación" das tarefas a realizar nas fábricas e tamén que están a proceder á contratación de novas directivas e directivos para a empresa. 

Anuncios en tempos de críticas do comité

No comunicado, remitido aos medios de comunicación, infórmase da incorporación de Francisco Jesús de Francisco Corbella como director de Recursos Humanos na Coruña e Avilés. A compañía detalla que ten "profundos coñecementos" en prevención de riscos laborais e unha "experiencia" en xestión de persoal de case dúas décadas. Este nomeamento anunciado por Alu Ibérica supón, segundo as mesmas fontes da compañía, "un paso máis no proxecto de reconstrución das plantas" e mostran o avance, aseguran, "para alcanzar a etapa de evolución que anunciamos desde que aterramos na Galiza e Asturies".

Estes cambios mostran unha seria preocupación por parte da empresa da imaxe que está a dar a empresa nos últimos meses após varias denuncias realizadas polos sindicatos a través do comité e que obrigaron o Grupo Riesgo, xestor na actualidade das plantas, a pagar as súas débedas coa Seguridade Social.

Comentarios