Abanca toma o control efectivo de Nova Pescanova

Abanca, que controla 80% de Nova Pescanova, nomea a José María Benavent presidente da pesqueira e mantén a Ignacio González como conselleiro delegado.
Conselleiros de Nova Pescanova (Nova Pescanova)
photo_camera Conselleiros de Nova Pescanova (Nova Pescanova)

Abanca fixo onte efectivo o seu desembarco en Nova Pescanova, após a compra da súa participación na firma pesqueira a Sabadell e Caixabank, coa que controla 80% do capital. A entidade bancaria colocou un dos seus conselleiros como presidente executivo da compañía. Trátase de José María Benavent, que será a cabeza visíbel dun novo Consello de Administración do que tamén forma parte Ignacio González, que repite como conselleiro delegado, cargo que desenvolve desde 2016.

Javier Carral, José Fafián e Marco Nieto completan o máximo órgano de goberno corporativo. Todos eles asumen o reto de fortalecer a estrutura financeira e comercial da firma e consolidar a empresa pesqueira como referente do sector a escala mundial, apunta a compañía nun comunicado.

Comentarios