Abanca toma o control de Nova Pescanova ao atinxir 80% das accións

A entidade financiera compra 40% das accións que até agora estaban en mans de Caixabanc e Sabadell

Pescanova

Abanca adquiriu as accións que até agora tiñan Sabadell e Caixabanc en Nova Pescanova, polo que a entidade financeira que dirixe Juan Carlos Escotet controlará 80% da compañía pesqueira.

Nun comunicado, Abanca informa que a operación vai formalizarse nas vindeiras semanas. Nese momento, pasará a controlar maioritariamente a multinacional con sede no concello de Redondela.

Deste xeito, a entidade financeira duplica o seu peso na pesqueira ao pasar de 40 a 80 por cento das accións. A compra prodúcese sobre a parte que pertencía ao Banco Sabadell e Caixabanc.

Segundo explica Abanca, o obxectivo da operación é "salvagardar unha empresa fundamental para Galiza e devolver "os órganos de dirección" aquí.

Así, a entidade que encabeza Escotet culmina o proceso de control sobre a multinacional pesqueira, xa que pasou de contar con 5% das accións de Nova Pescanova a, posteriormente, 40%, cifra que agora se duplica, o que lle outorgará o control sobre a compañía.

Abanca explica que o seu "plan" inclúe "reforzar a estrutura finaciera da compañía" e "os seus principais ámbitos de actividade corporativa e comercial".

Imprimir

Comentarios