A Fiscalía pide que NGB deposite unha fianza de 1.108 millóns de euros polas preferentes

A demanda da Fiscalía contra a entidade pola venda de preferentes inclúe a soliictude da devolución do importe total aos e ás compradoras
Marcha preferentes A Coruña
photo_camera Marcha preferentes A Coruña

Carlos Varela, fiscal xefe de Galicia, informou que a demanda civil de acción colectiva contra Novagalicia Banco (NGB) polas participacións prefrentes que afectaron a máis de 43.000 clientes, contempla a petición de que se devolva o total do importe que estes compradores pagaron inicialmente.

A Fiscalía Superior da Galiza acusa a antidade financeira de vender estes productos con cláusulas abusivas, o que derivou en claros prexuizos para os e as clientes de NGB.

Alén diso, a Fiscalía reclama que a entidade financeira deposite, como medida cautelar, 1.108 millóns de euros, unha cifra semellante á que os e as afectadas polas preferentes investiron neste producto de Novagalicia Banco.

Varela manifestou que a maioría dos clientes que contrataron estes produtos fixérono coa crenza de que "estaban celebrando un contrato de depósito a longo prazo".

Comentarios