Cinco xogadoras do Burela FS entran na listaxe da selección española
A selección española de fútbol sala feminino tira de boa parte do Pescados Rubén Burela FSF para formar o seu equipo. Até cinco xogadoras das dezaseis que compoñen a convocatoria ao equipo galego. Algunhas como Peque, Ale de Paz e Dany, xa estiveron convocadas pola seleccionadora, Claudia Pons. Agora a chamada chegou para as recentes fichaxes de Irene Samper e Elenita.
As xogadoras estarán concentradas en Madrid durante case tres semanas, entre o 18 de agosto e o 5 de setembro, que viaxarán até a República Checa para enfrontarse nun dobre duelo de preparación contra o combinado checo. Os partidos disputaranse os días 3 e 4 de setembro nas cidades de Praga e Pilsen.
O outro equipo con máis achegas de xogadoras é o Futsi Atlético Navalcarnero que tamén participa con outras cinco deportistas convocadas: a porteira Marta e as xogadoras de campo Amelia, Ana Luján, Vanessa Sotelo (recentemente fichada do Alcorcón FSF) e Irene Córdoba.
O resto da convocatoria fórmana as porteiras Silvia (Ence Marín Futsal), Caridade (Poio Pescamar) e Cristina ( STV Roldán FSF) e as xogadoras de campo Jenny Lores (Ourense Envialia), Melli (Universidade de Alacante) e Benete (Móstoles FSF).
Samper incorpórase ao Burela FS
Irene Samper Bilbao vestirá a camisola laranxa do Pescados Rubén Burela FS nas canchas a próxima tempada. A campioa de Europa, asidua da Selección Española desde 2017, chega á Mariña procedente do AD Alcorcón FSF.
Despois de seis tempadas en Madrid. No seu palmarés figuran o título de segunda división da liga estatal (2014/15) e outros coa selección española, como o Torneo IV Nacións (2017) e a Eurocopa (2019).
Irene Samper é a segunda incorporación das campioas da Liga, Copa da Raíña e Supercopa de España, xunto ao feche da alacantina Elenita que fichou hai uns días cun contrato que a vincula ao Burela até o ano 2023.