Víctor Senra gaña o Rally San Froilán e proclámase campión galego
Víctor Senra (Hyundai) venceu –xunto ao seu copiloto, Javi Murado– no Rally San Froilán e proclamouse vencedor do Campionato Galego de Rallys, un título vén conquistando de forma consecutiva desde o ano 2017, polo que suma xa nove triunfos consecutivos que o acreditan como un dos mellores pilotos do automobilismo galego.
Senra dominou a proba sen dificultades, máis desde a retirada Alberto Meira (Skoda) no primeiro tramo da competición. O piloto de Gondomar chegaba como líder provisional do campionato e aspiraba ao título, mais unha avaría tras impactar cunha pedra, deixano sen opcións de complertar o percorrido e pelexar polo triunfa. A sús marcha beneficiou Senra, a que lle valía con ser terceiro.
Porén, non se conformou. Senra marcó o mellor tempo no primeiro tramo ao seu paso por Outeiro de Rei con 22.459 segundos de vantaxe sobre Iván Ares (Toyota) e 32.577 sobre o lucense Luis Vilariño (Skoda).
Na primeira pasada polo tramo do Corgo, Senra ampliou a súa venda sobre Ares até os 29.923 segundos. Entón Alberto Otero (Ford) situouse terceiro a 1.03.125 minutos. O segundo paso por Outeiro de Rei non deixou cambios nas primeiras posicións. No Corgo, de novo, Senra finalizou con vantaxe, por diante de Ares e de Vilariño, con 32.538 segundos sobre o segundo.
Senra, Ares e Vilariño volveron ser os tres primeiros no tramo O Páramo-Goián e o piloto de Hyundai ampliaba a súa vantaxe á fronte do rally ata os 50.342 segundos. No sexto tramo, en Samos, o de Dumbría elvou a súa vantaxe sobre Ares a 1.00.247. Otero marchaba a 2.53.687 e Vilariño, a 3.07.796.
A partir de entón, Senra foi máis conservador. Non arriscou pero soubo manter unha posición destacada por diante de Iván Ares, que foi o máis rápido nos dous últimos treitos e o subcampión do Rally San Froilán no seu regreso á competición despois de varios meses de parada. Alberto Otero acabou terceiro e completou o podio.
