Vero Boquete, entre as 11 mellores futbolistas do mundo

A de Compostela, que actualmente defende as cores do AC Milán italiano, mostrouse "honrada e agradecida" por recibir "tantos votos de compañeiras e rivais", aínda que tamén afirmou "non merecelos".

A xogadora galega milita actualmente no AC Milán italiano. (Foto: AC Milán).
photo_camera A xogadora galega milita actualmente no AC Milán italiano. (Foto: AC Milán).

A futbolista galega Vero Boquete foi seleccionada entre as 11 mellores do planeta por Fifpro.

Fifpro é un sindicato de profesionais do deporte rei que unha vez ao ano valora as súas propias compañeiras nunha votación multitudinaria.

A de Compostela, que actualmente defende as cores do AC Milán italiano, mostrouse "honrada e agradecida" por recibir "tantos votos de compañeiras e rivais"

Ademais, agradeceu o seu "amor e aprecio".

Non obstante, tamén afirmou "non merecer" estar entre as 11 mellores futbolistas do mundo no ano 2020.

"Foi unha sorpresa a miña inclusión... quizais as outras xogadoras valoraron toda a miña carreira", dixo.

De todos modos, se son elixida polas profesionais teño que aceptalo e estar agradecida, pois é unha grande honra que te escollan", apostilou a centrocampista. 

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios