Ultras do Atlético de Madrid pactan co fiscal e néganse a declarar no xuízo pola morte de 'Jimmy'

Da totalidade de procesados, un total de 71 alcanzaron un acordo de conformidade, que inclúe aplicar as atenuantes de dilacións indebidas e recoñecemento, fronte a once que se opuxeron a recoñecer os feitos xulgados.
Algúns dos acusados entrando ao xuízo pola morte de 'Jimmy' (Foto: Gustavo Valiente / Europa Press).
photo_camera Algúns dos acusados entrando ao xuízo pola morte de 'Jimmy' (Foto: Gustavo Valiente / Europa Press).

Ultras do coñecido grupo ‘Frente Atlético’ (grupo de siareiros de extrema dereita do Atlético de Madrid) pasaron polos xulgados pola liorta que acabou o 30 de novembro de 2014 coa morte de Francisco Javier Romero Taboada, coñecido como 'Jimmy', un siareiro do Deportivo da Coruña.

Os acusados de participar nestes actos que acabaron coma morte de Jimmy pactaron co fiscal, aínda que se acolleron ao seu dereito a non declarar a pesar de que o acordo leva implícito un recoñecemento dos feitos.

Á súa chegada aos xulgados, a maioría dos procesados cubriron o rostro con máscaras, carapuchas e lentes para evitar ser captados polas cámaras. Na súa totalidade, os xulgados nesta sede xudicial pertencen ou pertencían ao Frente Atlético.

Da totalidade de procesados, un total de 71 alcanzaron un acordo de conformidade, que inclúe aplicar as atenuantes de dilacións indebidas e recoñecemento, fronte a once que se opuxeron a recoñecer os feitos xulgados.

Néganse a declarar

Unha vez fechados os pactos, arrincou o xuízo coa lectura de cuestións previas e as declaracións. Os acusados que pactaron acolléronse ao seu dereito a non declarar, un dereito do cal gozan aínda que pactasen co fiscal, o que supón un recoñecemento dos feitos. As penas que inclúe o acordo están aínda por determinar.

Fronte a eles, o resto de procesados que non recoñecen a súa participación desvinculouse da liorta, mesmo dous deles manifestaron ao fiscal, ao xuíz e aos avogados que non se atopaban no lugar en que aconteceron os feitos.

As penas

No seu escrito previo, o representante do Ministerio Público pide penas que oscilan entre os 9 meses e os dous anos e medio de cárcere por delitos de liorta tumultuaria, tenencia ilícita de armas e atentado á autoridade cun delito de lesións.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios