O Torneo de Mini Básquet de Marín chega á décima edición

A proba será esta fin de semana. (Foto: FGB).
photo_camera A proba será esta fin de semana. (Foto: FGB).

As Pre Seleccións Galegas de Minibasket entran en xogo.

Os combinados nacionais de base chegan ao punto de inflexión na súa programación, e afrontan os próximos días sábado e domingo, 10 e 11 de febreiro, respectivamente, a décima edición do Torneo de Seleccións Mini Basket Concello de Marín.

Organizado un ano máis polo propio Concello de Marín xunto co Club Marín Peixegalego, neste 2024 desprazaranse até a Galiza os combinados das federacións de Euskadi, Asturias e Castela e León, co obxectivo compartido de dar un paso máis no camiño cara o Campionato de España da modalidade.

"Nun evento que suma Baloncesto, convivencia e aprendizaxe -tal e como salienta a Federación Galega de Baloncesto (FGB)-, as oito preseleccións competirán en dous pavillóns simultaneamente, convertendo Marín no epicentro do Minibasket ao longo de toda esta fin de semana".

 En total serán 12 os encontros que poderán seguirse integramente e ao vivo a través do portal web da FGB, abrindo xogo ás 10 horas do sábado o duelo entre as seleccións masculinas de Asturias e Euskadi no Pavillón de San Narciso, a sede escollida para recibir todos os partidos dos varóns. No referente á categoría feminina, esta foi programada integramente no Pavillón da Raña, e debutará co Galiza-Castela do sábado ás 10.

Comentarios