Susana Rodríguez entra na Federación murciana de Triatlon

A deportista, medalla paralímpica en Tokio, difunde nas redes sociais o seu novo carné e explica na Radio Galega a decisión.
O novo carné que a deportista difundiu nas redes sociais (Foto: Twitter).
photo_camera O novo carné que a deportista difundiu nas redes sociais (Foto: Twitter).

O pasado de 3 febreiro a galega Susana Rodríguez Gacio, campioa paralímpica de tríatlon nos recentes Xogos de Tokio 2020, anunciaba nas redes sociais que xa contaba coa con licenza da Federación de Tríatlon da Rexión de Murcia.

Aínda que en atletismo seguirá correndo pola Galiza, a confirmación desta decisión é un duro golpe para a Federación.

A deportista falaba desta decisión na mañá deste sábado para a Radio Galega, sinalando que “non estaba contenta co trato que se lle deu”.

Puxo como exemplo que a Federación “tardou dez días en felicitarme polo meu éxito paralímpico”.

Segundo algunhas fontes, a tamén campioa de Europa e do mundo decidiu abandonar a Federación Galega de Tríatlon por desavinzas cos seus dirixentes.

Unha das razóns sería o despedimento do seu adestrador, Luís Piña, e este sería o motivo polo que elixira Murcia para participar en probas nacionais e internacionais.

Susana Rodríguez foi nomeada esta semana para os prestixiosos Premios Laureus como a mellor deportista con discapacidade. Nesta categoría estará nominada con deportistas como o atleta Marcel Hug, os tenistas Shingo Kunieda e Diede De Groot, o ciclista e triatleta Jetze Plat ou a ciclista Sarah Storey.

Comentarios